A
Casa-Museo Manuel María, a ANPA do CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei e
a ANPA do CEIP Otero Pedrayo de Rábade programan para este sábado, 29
de abril, ás 18 horas no auditorio da Casa-Museo un concerto do grupo PIRILAMPO que presentará o seu traballo musical Teatro de guiñol.
O espectáculo baseado en once poemas retranqueiros e festivos de Manuel María, tirados dos poemarios As rúas do vento ceibe, Os soños na gaiola eTerra Chá,
serven de base para unhas cancións pensadas para os máis novos e as
súas familias. A natureza, O vento, A fala, Anduriñas, Neve ou o propio
Teatro de guiñol son algúns dos textos das melodías.
Pirilampo
é un grupo que fai música infantil en galego, que naceu en 2010 e xa
ten editados tres CD´s (Abracadabras, Lucecús e Teatro do guiñol). Achegámosvos un vídeo que realizaron antes de tirar o seu último traballo https://www.youtube.com/watch? v=dFhd2Etm1mQ
O prezo da entrada para este espectáculo é de 2€. As entradas pódense reservar anticipadamente a través do correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria. gal ou do teléfono 698 177 621.