Páginas

lunes, 24 de octubre de 2016

FOLGA EDUCATIVA DO 26 DE OUTUBRO


CONFAPA(Confederación galega de Anpas de centros públicos) e a Plataformaen Defensa do Ensino Público convocan unha folga de pais/nais e estudantes o día 26 de outubro, para esixir a eliminación das reválidas e a derogación da LOMCE, lei rexeitada por toda a comunidade educativa dende o seu inicio. Ese día haberá tamén concentracións por todo o Estado.  En Lugo convocada por FAPACEL  terá lugar ás 19:00 da tarde diante do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (antigo Feminino).




Tendo en conta que as reválidas son exames externos, preparados, correxidos e puntuados por persoal alleo ós nosos fillos, que os valora sen coñecelos, e, sobre todo, que tanto a reválida de 4º da ESO como a de 2ºde Bacharelato van decidir o futuro dos nosos estudantes, pois no caso da primeira suspendela implica non acadar o título da ESO (o título máis baixo que hoxe se pode ter) e non poder acceder ó Bacharelato ou a un Ciclo Formativo, e na segunda a imposibilidade de acceder á carreira desexada, dende a ANPA do CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei, apoiamos esta folga e animamos ás familias a secundala, non enviando os nenos ó colexio ese día, así como a asistir á concentración en Lugo contra esta Lei inxusta. ¡Polo Futuro dos nosos fillos e fillas!

Tamén están, a partir de hoxe, á vosa disposición no taboleiro da entrada do colexio os papeis de recollida de sinaturas para a eliminación das reválidas. Se non podedes achegarvos para asinar podedes facelo telemáticamente neste enlace

Ante posibles malentendidos derivados da redacción desta  entrada, a ANPA quere aclarar que a folga de ensino foi convocada por CONFAPA. Pola súa parte a Plataforma en Defensa do Ensino Público ( da que forma parte FAPACEL)convoca unha concentración de rechazo á LOMCE o mesmo día diante do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes ás 19:00 horas

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario