Páginas

Roteiros






🏔 PENA DOS PORTELOS
Para ir despedindo o inverno neste 7° roteiro achegaremonos ao concello de Ribeira de Piquin, un paraxe natural no medio da montaña Lucense. Entre 🌳carballos e castiñeiros🍂, subidas e baixadas, percorreremos o camiño hacia a fervenza que da nome o roteiro.












                                      6º Roteiro Domingo 16 de febreiro                                                   


Para prepararnos para corre-lo entroido 🎭 imos polo sexto roteiro. Nesta ocasión unha voltiña polo Vello Lugo Agrario 🚜 onde visitaremos Santa Eulalia de Bóveda. Sairáse de cada colexio ás 10h ⏱ e xuntarémonos no inicio da ruta. Non faltes!




19 de Xaneiro:

5° roteiro do curso no Concello de Outeiro de Rei, na parroquia de San Clodio. Alí faremos unha ruta cicular moi doada ao redor dunha aldea 📖 de conto, 🐜rodeados de formigas super simpáticas que nos acompañaran🐜 un ratiño. Veremos como a partir de refugallo podemos dar valor o noso rural, e facer dunha aldea 🚀 un sitio 🏎máxico 🚌.

Aparcadoiro: parking do Centro Deportivo D10 (temos autorización da dirección)




    


Coas festas do nadal a volta faremos o 4° e último roteiro do ano no que iremos ao concello do Corgo.
Ali faremos unha ruta cicular moi doada arredor da Vía Künig unha variante medieval do camiño francés descrita polo monxe alemán Hermann Künnig. Un patrimonio cultural que os concellos polos que pasa están a recuperar e sinalizar para volver a recibir pelegrins outra vez. 

Boa camiñada! 






Desta volta, camiñaremos polo bosque da Foz das Aceas, á beira do río Sarria, por sendas entre castiñeiros, salgueiros e ameneiros vestidos de outono. Descubriremos vellos muíños e fermosas presas entre pasarelas de madeira.
Xa pola tarde, faremos unha visita ao MUVICLA,  o museo de maquinaria agrícola en Trasliste ( Láncara). A visita será ás 16:30, polo que as familias que o desexen terán que estar a esa hora na entrada do MUVICLA. O prezo da visita  é de 3,5 euros por persoa, e para os menores de 5 anos, de balde. 
Boa camiñada





No hay comentarios:

Publicar un comentario