Páginas

viernes, 10 de marzo de 2017

Día da Muller


O 8 de marzo celébrase o día da Muller. Pese a que na súa orixe se trataba de reclamar a igualdade para a muller traballadora, no contexto da revolución industrial, actualmente  neste día reivindícase o papel da muller na sociedade. Ademáis da figura da muller, o 8 de marzo  pídese a igualdade de dereitos para todas as persoas, sexan do xénero que sexan. 
Co gallo desta celebración, dende a ANPA queremos achegarvos  o título dalgúns libros infantís que nos poden axudar a eliminar estereotipos de xénero tan arraigados na nosa sociedade, libros que presentan unha diversidade de formas de ser e de vivir.  Ferramentas que nos poden axudar a facer un mundo mellor.
 
Unha feliz catástrofe
40 Páx. 21,5 x 27 cm.
A catástrofe pono todo patas arriba: déixaos sen fogar e altera por completo as súas vidas. Pero é a señora Rato a que atopa a solución. Dunha vida monótona, ás aventuras e os novos roles na familia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario