O
martes, 14 de marzo, veñen ao noso cole SOGAPS (Solidariedade Galega
co Pobo Saharauí), é unha Organización non Gobernamental, sen
ánimo de lucro, formada por persoas voluntarias que dedican parte do
seu tempo a axudar o pobo saharauí.
A
finalidade de Sogaps é dobre. Por unha parte pretende mellorar as
condicións de vida tanto dos refuxiados saharauís, como da
poboación residente no Sahara Occidental ocupada por Marrocos; e por
outra parte dar resposta ás necesidades de planificación e avance
na xestión e execución da axuda humanitaria.
Contaranlles
as nenas e nenos de primaria quen son e en que consiste o labor que
realizan, para que as nosas fillas e fillos vexan outra realidade
diferente á súa, outra cultura e un modo de vida imposto pero que
os refuxiados teñen que sufrir.
Esperamos
que esta charla lles sirva ás nenas e nenos de Outeiro para aprender
algo máis do mundo que os rodea e axudalos a desenvolver un sentido
de responsabilidade social, ensinarlles a ser solidarios e poñerse
na pel doutras persoas.
Todas
e todos debemos estar agradecidos polo que temos, tanto a nivel
material como inmaterial.
Qué buena iniciativa!,
ResponderEliminarMe parece muy interesante,importante,necesario....
Gracias!