Non imos facer aquí unha recapitulación de todos aqueles aspectos nos que a muller non acadou a igualdade co home. Non imos falar da brecha salarial, da violencia de xénero, de machismo e micromachismo... A estas alturas quen non está enterado destes aspectos é porque non quere enterarse.
Porén, dende aquí queremos incitar á reflexión sobre o día a día nun centro educativo coma o noso, porque a día de hoxe seguen sendo maioritariamente as mamás as que se reúnen cos/coas titores/titoras, segue sendo o seu número de teléfono o primeiro que figura na lista de contactos, seguen sendo elas as que organizan o calendario dos nenos/nenas, as que se preocupan das actividades extraescolares, da axenda, das amizades... En definitiva, as responsables do que atinxe a actividade escolar dos nosos cativos e cativas...
Para celebrar este día a Anpa Laverde Ruíz, en colaboración co colexio, elaborou un vídeo no que varias mamás do centro explicaban os seus respectivos traballos, que foi visionado polo alumnado ó longo desta semana. Desde aquí aproveitamos para agradecer a estas mamás a súa colaboración.