Páginas

martes, 7 de mayo de 2019

NO NOSO COLE FALAR GALEGO TEN PREMIO

Un problema que afecta en boa medida ás linguas minoritarias coma a nosa, xunto coa preocupante perda de falantes, é a perda de vocabulario debido á influencia de formas alleas que se introducen a través dos medios de comunicación, a escola, etc.
Conscientes da importancia de frear esta perda e preservar a nosa riqueza lingüística, este ano, para celebrar o Día das Letras Galegas, propoñémoslles ós nenos e nenas do cole un xogo de 23 preguntas, unha por cada letra do abecedario, que deberán respostar con palabras pertencentes ó léxico tradicional.
Para facilitar a participación de todo o alumnado propóñense tres niveis de dificultade: Infantil, primeiro e segundo de Primaria e resto de Primaria.
Para facer máis interesante o xogo, entre tódolos participantes que contesten correctamente sortearanse os seguintes agasallos:

  • Unha caixa SMARTBOX "dous días con encanto".
  • Catro entradas para Marcelle.
  • Catro entradas de cine.

E moitas máis sorpresas que estamos preparando para ese día.
Animádevos a participar!!



FE DE ERRATAS:
Desde a ANPA queremos informar de que no cuestionario proposto para primeiro e segundo de Primaria cometeuse un erro coas opcións ofrecidas para a letra P.  As correctas son: Penas de Penelas, Penas de Rodas e Penas de Outeiro.

2 comentarios:

  1. Que bonita iniciativa! Mágoa que os enunciados dalgunhas preguntas non pasaran por un asesoramento lingüístico.
    Aínda así, a idea paréceme fantástica. Noraboa!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas polo teu comentario. A próxima vez tentaremos revisar mellor a formulación das preguntas.

      Eliminar