Páginas

domingo, 19 de mayo de 2019

ROTEIRO POLA COMARCA


Como xa sinalamos hai tempo, a ANPA Laverde Ruíz entrou a formar parte dun grupo de ANPAS que se reúnen o último domingo de cada mes para facer un roteiro coa intención de coñecer mellor a comarca, gozar das súas marabillosas paisaxes e pasar un día ó aire libre coa familia, amigos e/ou coñecidos.
Pois ben, o último roteiro deste curso terá lugar ó ladiño mesmo do noso cole: comezando na área recreativa de Santa Isabel, percorreremos as Insuas do Miño, nunha andaina circular de seis quilómetros apta para os máis pequenos da casa.


Cruzaremos a "Ponte Vella" sobre o Miño e seguindo camiños de pescadores percorreremos a insua de San Roque, de orixe aluvial con bosques de ribeira, onde podemos escoitar o rechouchío dos paxaros,  e pradarías, onde pace tranquilamente gando bovino, indiferente ó paso dos humanos. Con algo de sorte poderemos observar tamén aves acuáticas, como parrulos e garzas, anfibios e réptiles, e as pegadas do paso de xabarís, corzos... nun remanso de paz, tranquilidade e beleza. 
 ESPERÁMOSVOS O DOMINGO 26 ÁS 10:00 DA MAÑÁ  DIANTE DO COLE!!


Vistas do Miño desde a Ponte Vella e ó longo da camiñata, distintos puntos do camiño e gando pacendo tranquilamente nos prados da insua de San Roque.

No hay comentarios:

Publicar un comentario